sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: sarriana

A SD Becerreá toma o mando tras impoñerse no Polvorín

 A SD Becerreá é o novo líder en solitario da Liga Autonómica xuvenil Sur despois de poñer o punto e final á invatibilidade do Polvorín esta tempada co 2-3 final.Ambos os dous equipos medíronse no partido máis destacado da xornada, un duelo que os visitantes afrontaron sen porteiro, polo que o punta Kevin se puxo baixo paus e foi un dos …

Ampliar »

Javi López e Óscar Méndez (Chantada) agardan un derbi igualado

 Javi López e Óscar Méndez agardan este domingo un encontro complicado ante a Sarriana na Ribela, segundo lle comentaron aos compañeiros de La Voz de Galicia de Monforte. O meta do Chantada sinalou que a victoria os consolidaría na zona alta da clasificación e advertiu do perigo da Sarriana á contra e o olfato de Marino, máximo goleador da categoría …

Ampliar »

Óscar Méndez, satisfeito co traballo da SD Chantada

 O adestrador da SD Chantada, Óscar Méndez, valoroulle aos compañeiros da Voz de Galicia o esforzo do seu equipo no encontro ante o Estudiantil. O preparador chantadino sinalou que o equipo tivo as ideas claras e estivo de dez, algo que non conseguira nos encontros anteriores pese a sacalos adiante. Na vindeira xornada a SD Chantada enfrontarase á Sarriana na …

Ampliar »

A Sarriana trae un punto de Dumbría

  A Sarriana puntúa por segunda semana consecutiva e sae dos postos de descenso. O conxunto de Fiz Rodríguez empatou en Dumbría un encontro que vencía por 0-2 ó descanso. Julito adiantou ós 17 minutos ós brancos e Marino, que xa suma sete goles, fixo o segundo ós 21 minutos. Na reanudación os locais fixeron o 1-2 no minuto 67 …

Ampliar »

A SD Becerreá busca manterse en Primeira apostando pola canteira

A SD Becerreá está de volta na Primeira Autonómica

 A SD Becerreá volverá a competir na Primeira Autonómica de Lugo lonxe durante arredor dunha década da máxima categoría do fútbol a nivel provincial. O único representante da comarca dos Ancares no balompé lucense apostará por un plantel moi continuísta, que vén de conquerir o ascenso a pasada tempada dun xeito brillante.

Ampliar »

Quince baixas obrigan ó Páramo a reinventarse

Unha aliñación do Páramo a pasada tempada

 A SD O Páramo, que a próxima campaña volverá a competir na Primeira Autonómica de Lugo da man de Alberto Engroba, viviu unha profunda remodelación deportiva nas súas filas neste verán. Quince dos seus 22 xogadores abandonaron o plantel, aínda que a entidade branca xa conta con 14 caras novas. En total, o cadro paramés fixo 29 movementos de entrada …

Ampliar »

A Preferente xa ten calendario

Benjamín Anido sorteando os calendarios do fútbol base galego

 A Preferente Norte Galega, categoría na que militarán 6 equipos lucenses, xa coñece o seu calendario para a vindeira campaña. A competición comezará o 31 de agosto e finalizará o 24 de maio de 2015.

Ampliar »