sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: segunda autonómica norte

O Abadín prescinde de Pereira

xermade vs abadín

 A Xunta Directiva do Abadín reuniuse no día de onte e decidiu cesar a Pereira como adestrador do equipo. O técnico abandona o club tras varias tempadas nas que destaca o ascenso a Segunda Autonómica. Na actualidade o Abadín é 12º con 23 puntos aínda que ten un encontro aprazado ante a Pontenova. O relevo no banco tomarao Suso, o …

Ampliar »

O Santaballés salva un punto na Mina sobre a campá

santaballés vs goiriz

 O Santaballés logrou levar un punto da Mina nos últimos instantes, nun terreo de xogo que condicionou o encontro, a Pontenova acariciou a victoria e dispuxo dunha renda de dous goles que os visitantes neutralizaron nos últimos minutos. A primeira metade deixou un encontro moi disputado e onde a Pontenova rendeu a un bo nivel mostrando as súas sinais de …

Ampliar »

O Xermade recupérase das súas feridas e vence ó Abadín

xermade vs abadín

 O Xermade logrou recuperar sensacións tras a dura derrota en Lourenzá e venceu ó Abadín por tres goles a cero, o encontro disputouse sobre o céspede artificial da Fonte en Cospeito. O encontro estivo máis parello na primeira metade, o Xermade controlaba o encontro ante un Abadín moi intenso, as ocasións claras de gol non foron abundantes e chegouse ó …

Ampliar »

O Mondoñedo vence ó Pol nun encontro que mudou nun minuto

plantel Mondoñedo

 O claro catro a cero que reflexa o marcador non o foi tanto sobre o terreo de xogo onde Mondoñedo e Pol disputaban un nivelado encontro ata a expulsión do meta visitante Rois. O encontro era de vital importancia para ambos conxuntos, inmersos na loita por salvar a categoría sabían que gran parte das súas opcións podían pasar por este …

Ampliar »

Potillo rescata un punto para o Goiriz ante o Cospeito

goiriz pol

 Un tanto do dianteiro local Potillo serviu para que o Goiriz rescatase un punto ante o Cospeito que conseguira adiantarse no marcador cun gol de Esteban. O Cospeito foi dominador do balón na primeira metade si ben non conseguiu traducir este dominio en claras ocasións de gol, o primeiro e único tanto dos de Iván Lamas chegaría ós vintecinco minutos …

Ampliar »

O Foz segue na pelexa tras vencer ó Lourenzá

foz lourenza

 Era o encontro da xornada e non defraudou, no Martínez Otero o Foz venceu ó Lourenzá o que deixa a loita polo ascenso máis aberta que nunca. Disputado e moi intenso son os calificativos que mellor resumen o encontro entre Foz e Lourenzá, o cadro local saíu moi entoado e antes dos dez minutos de xogo xa avisou cun lanzamento …

Ampliar »

O Riotorto remonta e leva os tres puntos da Lomba

Meira vs SD Guitiriz

 Xornada positiva para o Riotorto, o conxunto de Labrada venceu en Meira e iguala co Lourenzá tras a derrota deste ante o Foz. O Meira comezou o choque ben plantado e mostrouse moi práctico, tivo un par de aproximacións e apenas sufría apuros na súa retagarda. Co cuarto de hora cumprido unha boa xogada de Iván, Pablo e Juan ía …

Ampliar »

A Candelaria vence á SD Guitiriz nun campo impracticable

sd guitiriz vs candelaria

 Un solitario tanto de Bruno deixou os tres puntos na Rúa, a Candelaria conseguiu manter a vantaxe a pesar do empuxe da SD Guitiriz na procura da igualada. O choque careceu de fútbol, aspecto previsible polo estado do terreo de xogo, ambos conxuntos saíron coa premisa de buscar a profundidade por bandas, único lugar onde minimamente se podía combinar. A …

Ampliar »

O Cospeito derrota con claridade ó Meira

cospeito vs sd guitiriz

 O Cospeito sumou tres puntos ante o Meira e segue asentado na zona media da táboa, pola súa banda os de Mario seguen pechando a clasificación co único obxectivo de tentar sumar os máximos puntos posibles e poñer fin a unha tempada moi complicada. A primeira metade foi bastante igualada aínda que a posesión do esférico correspondeu ó Cospeito, que …

Ampliar »

Adrián Pasarín asina un hat-trick en Pol

adrián pasarín

 De vital importancia era o encontro para o Pol inmerso na loita por evitar o descenso, ó choque ademais chegaba a Pontenova logo de perder na casa ante o Alfoz pero un gran Adrián Pasarín ía ser determinante para os de Dani Moirón. O Pol mostrouse durante o encontro con falta de ideas e quizais sen a mentalidade necesaria dada …

Ampliar »