sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: segunda autonómica norte

Dani González marca diferenzas para o Santaballés ante o Goiriz

santaballes goiriz

 O Santaballés segue firme no seu camiño cara a Primeira Autonómica, ante o Goiriz decidiu a calidade individual dos seus xogadores nun encontro moi disputado. O choque estivo presidido durante os noventa minutos pola igualdade, o Goiriz mostrou a súa mellor cara e fixo unha gran labor defensiva e chegando ás inmediacións da área local, faltoulle converter esas chegadas en …

Ampliar »

Festín do Lourenzá ante un desdibuxado Xermade

montxo lourenzá

 O horario do encontro (15:00) converteu a previa do encontro nun punto de discrepancia ó cal responderon ambos conxuntos dun xeito moi distinto, o Lourenzá a máis da importancia dos puntos saíu extra motivado e polo contrario o Xermade mostrou unha cara moi pouco habitual e moi lonxe do sempre loitador e combativo carácter deste equipo nas últimas tempadas. Superados …

Ampliar »

O Riotorto vence á Candelaria e continúa terceiro

lourenzá vs riotorto

 Unha vez máis o estado da Veiga marcou o desenvolvemento do encontro, o Riotorto conseguiu quedar con tres importantes puntos que o manteñen vivo na loita polo ascenso mentres a Candelaria segue na zona media da táboa. Unha xogada individual de Cristian finalizada polo mesmo cun lanzamento dende a frontal da área ía poñer por diante ó Riotorto cando aínda …

Ampliar »

O Alfoz golea ó Mondoñedo e segue a súa progresión

alfoz vs candelaria

 O Mondoñedo saíu goleado na súa visita a un Alfoz en estado de graza, os números do conxunto de Adolfo nos dous últimos meses son espectaculares. O conxunto verdibranco suma oito xornadas sen coñecer a derrota, sumou os 15 últimos puntos en xogo e tan só recibiu un tanto nos últimos oito encontros. O conxunto local comezou cun claro dominio …

Ampliar »

O Foz deixa dous puntos na súa visita a Guitiriz

plantel cd foz

 SD Guitiriz e Foz ofreceron un choque moi entretido, con alternativas e remataron igualando nun encontro no que o conxunto de Bebo perde dous puntos na súa loita por acadar os postos de ascenso, para os locais supuxo a oitava xornada consecutiva sen coñecer a victoria. O choque foi moi entretido pois ambos conxuntos saíron na procura dos tres puntos, …

Ampliar »

Lourenzá e Xermade mediranse en horario “Premier”

Xermade vs Candelaria

 O choque que enfronta ó Lourenzá e ó Xermade disputarase o vindeiro domingo ás 15:00 en Santa Cruz. O conxunto que dirixe Ramallal tentará aproveitar o factor campo para lograr tres importantes puntos na súa loita por acadar o ascenso. A terras laurentinas viaxa o Xermade, o conxunto de Carlos suma seis desprazamentos sen coñecer a derrota e tentará seguir …

Ampliar »

Diego Cora (Sacido): “O Santaballés é o claro favorito ao ascenso”

diego cora

 Diego Cora está a ser un dos xogadores máis destacados na Segunda Autonómica Norte. O xogador formado no Viveiro CF e tras o seu posterior paso polo Xove-Lago está a ser é un dos pilares básicos do Sacido, conxunto no que cumpre a súa segunda tempada. A xornada pasada igualastes sen goles ante o Mondoñedo. ¿Que sensacións che deixou o encontro? …

Ampliar »

O Lourenzá recupera postos de ascenso tras vencer en Riotorto

sd guitiriz vs xermade

 A pelexa polo ascenso na Segunda Autonómica Norte segue a deparar alternativas xornada tras xornada, a victoria do Santaballés consolidao na primeira posición mentres o Lourenzá recupera a segunda praza en detrimento do Riotorto. O encontro da xornada medía a Riotorto e Lourenzá, o resultado do mesmo definiría quen remataría a xornada en postos de ascenso. Un solitario tanto de …

Ampliar »

O Santaballés dá un paso de xigante en Foz

Xermade vs Mondoñedo

 A xornada na Segunda Autonómica Norte deixou interesantes novidades, tanto na parte alta como na baixa se produciron resultados que poden marcar a tempada. O Santaballés gañou cun contundente 0-3 en Foz, conxunto que chegaba en 3ª posición. O marcador foi rotundo aínda que o Foz tivo as súas opcións no comezo do encontro e tamén co resultado xa moi …

Ampliar »

Chungy guía ó Xermade ante o Riotorto

xermade vs santaballés

 Dous tantos do dianteiro do Xermade, Chungy foron demasiado lastre para un Riotorto que perde a primeira posición tras esta derrota. O Xermade realizou un encontro moi serio e baseado nunha gran labor defensiva e cun gran despregue no medio do campo conseguiu maniatar a un Riotorto que tivo moitos problemas para xerar perigo. Dúas accións persoais de Chungy no …

Ampliar »