sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: segunda autonómica norte

O Alfoz confirma a súa melloría vencendo á Candelaria

alfoz vs candelaria

 O Alfoz encadea catro xornadas sen perder e as mesmas sen encaixar un gol, ante a Candelaria aproveitou dous tantos no comezo e final do encontro para quedar cos tres puntos. O choque entre Alfoz e Candelaria non foi moi vistoso de cara o espectador, a Candelaria tivo o control do balón pero penalizou os seus erros e a súa …

Ampliar »

O Sacido vence no tempo engadido ó Goiriz

santaballés vs sacido

 Por segunda xornada consecutiva o Goiriz perdeu cun tanto no tempo engadido, o Sacido quedou cos tres puntos nun encontro con dúas metades moi diferenciadas. A primeira metade estivo parella en canto a ocasións, quizais inquedou un pouco máis o conxunto visitante que tivo a súa gran ocasión nun man a man que non foi quen de materializar. A segunda …

Ampliar »

A Pontenova sofre pero leva os tres puntos de Mondoñedo

Mondoñedo vs Lourenzá

 A Pontenova de Dani Moirón vive unha doce xeira de resultados, na súa visita a Mondoñedo conseguiu levar os tres puntos grazas ó solitario tanto de Venancio. O comezo de encontro foi de claro dominio local, o Mondoñedo realizou unha gran primeira media hora de xogo e xerou claras ocasións que non foi quen de materializar. Rubenón realizou unha gran …

Ampliar »

O Santaballés supera ó Lourenzá e chega ó máis alto

Santaballés vs SAcido

 Xornada redonda para o Santaballés, o conxunto de Alberto Debasa venceu ó Lourenzá, rival directo na loita polo ascenso, e ademais aproveitou o pinchazo do Riotorto para situarse no máis alto da táboa. O conxunto local saíu máis entoado e foi superior na primeira metade, buscou a meta de Bugui con insistencia e non deixou que o Lourenzá despregase o …

Ampliar »

O Pol cae ante o Foz e segue sen gañar na casa

Xermade vs Foz 14/15

 Sete son as xornadas que suma o Pol sen vencer, ante o Foz caeu por un axustado dous a tres e segue sen conseguir vencer como local. Unha primeira metade desafortunada para ambas zagas deixou catro tantos, o Pol adiantouse moi cedo no marcador cun tanto de Esteban e o Foz respondeu con goles de Bouso e Dani Chinchón. A …

Ampliar »

O Abadín toma aire tras vencer á Candelaria

Candelaria vs Abadín

 O encontro moi condicionado pola gran cantidade de auga que presentaba o terreo de xogo deixou dúas metades moi diferenciadas, na primeira a Candelaria foi polo encontro e aproveitando o forte vento conseguiu pechar ó Abadín na súa área. Os locais dispuxeron de catro ocasións moi claras que a boa labor defensiva visitante evitou que remataran en gol. Na segunda …

Ampliar »

O Lourenzá goleou a un minguado Pol

lourenzá vs pol

 O Lourenzá recuperou sensacións e tamén a súa pegada goleadora nun encontro que dominou de principio a fin, enfronte un Pol moi minguado polas baixas que foi un querer e non poder durante os 90 minutos. O conxunto de Ramallal saíu decidido na procura do gol e tivo dúas boas ocasións nas botas de Chincho que resolveu Cancio. Non errou …

Ampliar »

O Sacido decidiu en Meira pola vía rápida

Sacido vs Meira

 Na primeira metade o Sacido xogou co vento a favor, fíxose dono do encontro e non ía tardar en abrir o marcador, Álex Fraga tras un saque de esquina en corto superaba a Casal cun lanzamento ao pau largo. Pouco despois era Pablo Terroba o que aproveitaba unha xogada a balón parado mal defendida polos locais para rematar libre de …

Ampliar »

O Mondoñedo venceu en Goiriz no último suspiro

Mondoñedo vs Goiriz

 Goiriz e Mondoñedo inmersos en dinámicas totalmente opostas disputaron un encontro que se definiu dende o punto de penalti. O choque foi de escaso fútbol e na primeira metade apenas deixou opcións de gol, Ramallal tivo a mellor para o Mondoñedo pero Marcos respondeu con acerto. O conxunto local tivo a súa mellor opción nun lanzamento que se foi ó …

Ampliar »

A Pontenova rompe a xeira positiva do Xermade

Cospeito vs Xermade

 A Pontenova logrou os tres puntos na súa visita ó Xermade que veu así cortada a súa xeira positiva de resultados. O encontro comezaba a poñerse de cara para os visitantes moi pronto, unha xogada persoal de Adrián Pasarín o dianteiro era derribado polo meta local sinalando o colexiado o punto de penalti. Anxo transformouno e puxo o 0-1 no …

Ampliar »