sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: segunda autonómica norte

Riotorto e Cospeito asinan táboas nunha Veiga impracticable

A Veiga (Riotorto)

 O líder Riotorto igualou ante o Cospeito nun encontro condicionado polo estado do terreo de xogo. O encontro foi moi intenso e en moitos tramos de ida e volta, pronto tivo unha boa opción Jairo para o Cospeito pero nin no seu primeiro remate nin no posterior rexeite foi quen de superar a Carlos. Jairo foi o maior perigo do …

Ampliar »

O Santaballés levou os tres puntos na súa visita á SD Guitiriz

SD Guitiriz vs Santaballés

 O choque entre SD Guitiriz e Santaballés presentábase moi igualado e non defraudou, os locais adiantáronse pero o conxunto de Alberto Debasa conseguiu darlle a volta ó marcador. O encontro comezou coa SD Guitiriz tentando ter a posesión do balón e controlar o xogo, este arranque foi difuminándose co paso dos minutos e o Santaballés comezou a crecer no encontro …

Ampliar »

Pol e SD Guitiriz non pasan da igualada

sd guitiriz vs abadín

 Pol e SD Guitiriz asinaron táboas nun encontro no que os tantos chegaron na segunda metade. Ambos conxuntos arrincaban o ano e a segunda volta con obxectivos ben distintos, o Pol na procura de escapar dos postos perigosos e a SD Guitiriz tentando manterse na loita polo ascenso. A primeira metade deixou un encontro sen apenas control do xogo e …

Ampliar »

Xermade e Santaballes firman táboas

xermade vs santaballés

 O Xermade–Santaballés era un dos encontros da xornada e non defraudou, ó final empate a dous foi o resultado que sinalou o marcador. A primeira metade remataría con vantaxe no marcador para o Xermade, o tanto inicial de Lucho ó pouco de comezar o encontro foi neutralizado tres minutos despois por Álex Novás. Antes do descanso Chungy volveu poñer por …

Ampliar »

O Meira recupera sensacións e vence ó Goiriz

xermade meira

 Meira e Goiriz chegaban con gran necesidade de acadar os tres puntos finalmente un gol de Juan deixou os puntos na casa. O forte vento foi o convidado de excepción ó encontro, o Meira chegou nesta primeira metade con bastante frecuencia á meta de Marcos. Unha asistencia de Pirlo ía aproveitala o dianteiro local Juan para anotar o único tanto …

Ampliar »

Javi Celes liderou a victoría da Candelaria ante a Pontenova

javi celes

 A Candelaria guiada por un acertado Javi Celes derrotou con claridade á Pontenova, os de Dani Moirón desapareceron na segunda metade e remataron goleados. Na primeira metade reinou a igualdade, a gran cantidade de auga que tiña o terreo de xogo fixo que o xogo por abaixo fose difícil, nestas condicións os locais buscaron o xogo por bandas e a …

Ampliar »

O Foz venceu con apuros a un Mondoñedo que vai a máis

Encontro Foz

 O Foz tivo que sufrir para quedar cos tres puntos ante un Mondoñedo que segue a mellorar nas últimas xornadas. A saída do Foz foi moi forte e pronto ía abrir o marcador, Adrián Álvarez cando se levaban pouco máis de cinco minutos de xogo aproveitaba nunha rápida contra. O gol non descompuxo ó Mondoñedo que resistiu os ataques locais …

Ampliar »

O Sacido arañou un punto na súa visita ó Lourenzá

lourenzá vs riotorto

 Táboas entre Lourenzá e Sacido nun entretido e disputado encontro no a polémica tamén estivo presente. O comezo do encontro foi de dominio local aínda que sen crear demasiado perigo ata que superada a media hora de xogo, Montxo tras xogada individual adiantaba ó Lourenzá. O marcador non se movería máis nesta primeira metade, os locais seguiron controlando o encontro …

Ampliar »

A SD Guitiriz retoma a senda do triunfo ante o Abadín

sd guitiriz vs abadín

 SD Guitiriz e Abadín asinaron un interesante encontro no que finalmente os locais se quedaron cos tres puntos e recuperan así a senda do triunfo tras tres xornadas sen gañar. Ambos conxuntos saltaron ó Suso Cruz tentando ser fieis ós seus estilos e conseguírono en gran parte desta primeira metade, isto unido a gran intensidade coa que se aplicaron ambos …

Ampliar »

O Cospeito segue escalando posicións tras vencer ó Pol

pol santaballés

 Dous novos goles de Esteban decidiron o choque entre Cospeito e Pol. O Cospeito comezou mandando no encontro e fíxose coa posesión do balón ante un Pol moi loitador que conseguía defenderse sen demasiados atrancos dos ataques locais. O conxunto de Iván Lamas non conseguía ter claridade e de tres cuartos para diante estaba moi impreciso o cal permitiu ó …

Ampliar »