sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: Segunda Autonómica

Abel déixalle o banco do Meira FC a Mario González

Mario colga os guantes para sentarse no banco do Meira

 O Meira FC competirá unha campaña máis na Segunda Autonómica Norte logo de conquerir a pasada tempada a permanencia no treito final dun campionato marcado pola igualdade na zona media baixa. Nesta nova etapa o conxunto meirego restruturará o seu cadro técnico, deixando Abel a dirección do equipo. Collera o relevo o exporteiro meirego Mario González.

Ampliar »

Roberto Ramallal acepta o reto de devolver ó Lourenzá a Primeira Autonómica

Roberto Ramallal

  O ED Lourenzá conta con novo adestrador para a próxima campaña. Será Roberto Ramallal, un vello coñecido do fútbol mariñán, con experiencia na Segunda Autonómica de Lugo e con ascensos ás súas costas a Primeira.

Ampliar »

Cora: “Era cuestión de tempo que o Goiriz colleitase bos resultados”

José Manuel Rey Cora dá instruccións dende a banda ós xogadores do CD Goiriz

  Tras protagonizar unha das sorpresas na fase regular da Terceira Autonómica Norte do fútbol de Lugo, o CD Goiriz conseguiu o ascenso a Segunda Autonómica nun play-off emocionante. José Manuel Rey Cora, o preparador vilalbés analizou a campaña do seu conxunto.

Ampliar »