sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: terceira autonómica norte

Pedro dálle tres puntos ó Matela ante o Celeiro

Matela vs Catro Roldas

 Un gol nos últimos instantes de Pedro deixou os tres puntos en Matela ante un Celeiro que realizou un bo encontro e se marchou coa sensación de ter merecido algún punto. O encontro foi moi igualado e nivelado, a primeira metade deixou un dominio alterno ata o gol do Matela, unha vez máis, un saque de banda de Pedro acababa …

Ampliar »

O derbi entre Momán e Roupar rematou en táboas

moman vs roupar

 O derbi entre Momán e Roupar rematou en táboas, dúas xogadas a balón parado deron orixe ós tantos dde ambos conxuntos. Encontro moi igualado e disputado o que enfrontou a Momán e Roupar, ambos conxuntos buscaron os tres puntos durante os 90 minutos. Os locais ían tomar vantaxe no marcador cun gol de Ángel, o xogador local remataba ó fondo …

Ampliar »

A Quiniela de Ángel (Momán)

matela momán

 A quiniela de Ángel, xogador do Momán, club no que suma cinco tempadas na que é segunda etapa no club. Cóntanos as súas impresións e pronósticos para a vindeira xornada na Terceira Autonómica Norte. “Vai ser unha xornada de bastante igualdade. Nós esperamos gañar ó Roupar, que comezou moi ben a tempada. Os equipos da parte alta teñen desprazamentos complicados”.

Ampliar »

Marcos (Catro Roldas): “O obxectivo é quedar entre os 6 primeiros”

Matela vs Catro Roldas

 Marcos, xogador do Catro Roldas, analizou a actualidade do seu equipo e da Terceira Autonómica Norte. É un dos máximos goleadores da categoría e cumpre a súa segunda tempada no conxunto de Román. 6-0 ó Cazás na última xornada, ¿tan ben estivo o Catro Roldas? A verdade é que foi, ata o de agora, dos mellores partidos da tempada. Tamén …

Ampliar »

Adrián foi chave na victoria do Roupar ante a Ferroviaria

Formación Roupar

 Encontro moi igualado entre Roupar e unha Ferroviaria que causou unha boa impresión a pesar de marchar sen ningún punto. O goleador local Adrián adiantou ó Roupar cando se superaba o primeiro cuarto de hora de xogo dende o punto de penalti. A Ferroviaria foi na procura do empate e adiantou liñas, froito que obtivo cando un erro da zaga …

Ampliar »

O Folgueiro remonta ante o Ourol

Folgueiro vs Ourol

 O Folgueiro tivo que redobrar esforzos para quedar con tres puntos que o Ourol vendeu moi caros. O Folgueiro tivo o control do esférico ante un Ourol que non quixo disputar o control do mesmo e tentou buscar defenderse ben e sorprender nunha contra. A posesión non se traduxo en ocasións para os locais que tiveron as opcións máis perigosas …

Ampliar »

O Parga venceu pola mínima ó Momán

Celta Barreiros vs Parga

 O Parga segue no máis alto da táboa logo de vencer pola mínima ó Momán, conxunto que chegaba sumando 7 dos últimos 9 puntos en xogo. O encontro comezou nivelado, o Parga intentaba levar a iniciativa e o Momán sentiase cómodo. Os visitantes puideron cambiar o destino do encontro superado o minuto vinte de xogo, o colexiado sinalou unha pena …

Ampliar »

Borjita (Parga): “Na segunda metade fomos moi superiores ó Roupar”

Matela vs Parga

 Borjita, despois de asinar tres goles no encontro ante o Roupar analizou o que vai de tempada na Terceira Autonómica Norte. Coa presente cumpre 3 tempadas no Parga FC, equipo que lidera de xeito sólido a súa liga. A Xornada pasada recibiades ó Roupar que chegaba como segundo clasificado, 5-1 foi o resultado final. Tal foi a vosa superioridade no …

Ampliar »

A Quiniela de Domingo (Codesido)

Codesido vs Matela

 A quiniela de Domingo, xogador e capitán do Codesido, club no que suma xa quince tempadas. Cóntanos as súas impresións e pronósticos para a 9ª xornada na Terceira Autonómica Norte. “Vexo unha xornada na que en principio o Parga seguirá de líder e a disputa estará na segunda praza entre o Folgueiro e o Roupar. Creo que os postos de …

Ampliar »

Josinho guía ó Celta Barreiros

Ferroviaria vs Matela

 O Celta Barreiros e a Ferroviaria disputaron un encontro vistoso no que os tantos chegaron casi na súa totalidade no último cuarto de hora de xogo. O Celta Barreiros dominou a primeira metade e tivo o control do esférico, froito deste dominio chegaría o tanto de Josinho que aproveitou un lanzamento dende o curruncho de Ibán. Puido aumentar a diferenza …

Ampliar »