sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: valadouro

Miguel Gomes dalle o derbi ó San Ciprián nos últimos intres

 O San Ciprián impúxose por 2-1 ó Valadouro no derbi mariñán da xornada na Primeira Autonómica, nun encontro que se decidiu nos últimos minutos cun tanto de Miguel Gomes. Na primeira metade adiantou Manolo ó Valadouro ós 15 minutos e igualou Poceiro á media hora. Na reanudación o encontro estivo parello e os amarelos puideron levarse os tres puntos pero Joni a falta de 5 minutos enviou ó pau. Finalmente Miguel …

Ampliar »

Taboada e Valadouro comezan o ano coa mira avariada

 Taboada e Valadouro igualaron sen goles no peche da primeira volta na Primeira Autonómica, tras un encontro no que ningún dos equipos estivo atinado cara o marco rival, pese a gozar de oportunidades. Na primeira metade foi superior o Taboada, que dispuxo de varias accións francas para marcar, aínda que sen acerto na definición. No segundo tempo o Valadouro púxose …

Ampliar »

O Valadouro vence ó Polvorín no último suspiro

 Un gol de Karri no minuto 89 deulle os tres puntos ó Valadouro ante un bo Polvorín, que mereceu máis na súa visita ao campo do Árbol. Os locais adiantáronse ós 40 minutos por medio de Mario, e aínda que Dani Renda empatou mediada a segunda metade, Karri saiu ó rescate dos seus no último minuto do tempo regulamentado. Polo Valadouro destacaron Jony (3), Pedro (2) e Joao (1).

Ampliar »

O xuvenil Aitor rescata un punto para o Iberia

 No partido das baixas, Valadouro e Iberia igualaron a 1 tanto nas Valgas tras un derbi con dúas partes moi diferenciadas. Na primeira ambos equipos tanteáronse, aínda que o Valadouro foi gañando terreo, sobre todo tras  gol de Juan Pablo, que aproveitou ben unha perda dos locais no medio do campo para abrir o marcador. O Valadouro esgotou o seu …

Ampliar »

Páramo e Valadouro empatan nun partido aberto

 Páramo e Valadouro igualaron a todo no campo das Rapadas. Ambos conxuntos dispuxeron varias oportunidades para desnivelar o tanteador pero non estiveron finos na finalización. Na primeira metade foi superior o cadro local, aínda que sen tino nos metros finais. Na reanudación o partido foi máis nivelado e o Valadouro, con moito fútbol directo, tivo varias oportunidades moi claras para …

Ampliar »

O Valadouro ve de preto o ascenso

 O Valadouro soubo adaptarse mellor ao mal estado do terreo de xogo do Árbol e impúxose por 5-1 a un Cabreiros que non lle colleu nunca o pulso ao partido. Os locais, moi fortes no primeiro tempo, adiantáronse ao cuarto de hora por medio de Mario e posteriormente Manolo, o mellor home sobre o terreo de xogo, puxeron en clara vantaxe aos amarelos. Na …

Ampliar »

Burela e Valadouro igualan no treito final

 Burela e Valadouro asinaron táboas na Marosa nun partido no que os locais foron superiores no primeiro acto e na reanudación pese a levar o peso do partido non conseguiron crear excesivo perigo. Na primeira metade chegaron máis á área rival os locais, pero o marcador non se moveu. Na reanudación o Valadouro pechouse atrás e deixoulle a iniciativa aos verdes. Adiantáronse …

Ampliar »

Así o fan os equipos da Mariña de Primeira a domicilio

 Os compañeiros de La Voz de Galicia na Mariña analizaron as prestacións dos equipos da comarca fóra da casa. Segundo detallan, o Valadouro é dos mellores equipos da liga fóra do seu campo e o San Ciprián tamén tén boas prestacións a domicilio. Pola contra, o Xove-Lago sofre ao saír da casa e o Iberia e o Burela seguen unha …

Ampliar »

O Valadouro vence a un desatinado Bóveda

 O Valadouro impúxose por 1-2 en Bóveda nun encontro no que os visitantes estiveron mellor na primeira metade e na reanudación os locais tiraron de casta para darlle a volta ó partido. Adiantou Cayón ós seus mediado o primeiro acto nun despiste defensivo local. Na reanudación empatou Coba aproveitando a segunda acción nun mal despexe dos amarelos. Minutos despois o …

Ampliar »

Diego dalle os tres puntos ó Valadouro ante o Pastoricense

 O Valadouro continúa destacándose como unha das sorpresas da Primeira Autonómica. Os de José Manuel impuxéronse na última xornada ó Pastoricense no Árbol cun solitario tanto de Diego á saída dun córner. Na primeira metade o Pastoricense foi superior, aínda que as súas chegadas non foron perigosas para a meta de David. Na reanudación os de José Manuel gañaron metros no …

Ampliar »