lunes , 25 septiembre 2017

Tag Archives: viveiro

Donato novo inquilino do banco do Viveiro

Donato adestrador

 O Viveiro xa pechou a incorporación do novo adestrador do primeiro equipo, e fixo coa contratación de Donato, o hispano-brasileiro chega para cubrir a marcha de Manel Vidal. Nos últimos días o Viveiro estivo inmerso na procura dun golpe de efecto coa chegada do seu novo técnico, encima da mesa nomes como o de Juan Peón, este declinou finalmente a …

Ampliar »

A Preferente xa ten calendario

Castro vs Viveiro

 A Rexional Preferente, recentemente renomeada como Preferente Galicia, xa ten definido o seu calendario, a competición dará comezo o 23 de agosto e nela participarán seis conxuntos lucenses. Na primeira xornada a sorte deparou os seguintes encontros para os nosos representantes: Chantada vs Xallas Santa Comba Castro vs Laracha Viveiro vs Arzúa O Val vs Lemos Arteixo vs Sarriana Milagrosa …

Ampliar »

O Viveiro apuntala o seu ataque

pretempada viveiro

 O Viveiro segue a traballar na planificación do seu plantel, Rubén Fraguela, máis coñecido como Nes, é novo xogador do cadro celeste. Chega procedente do O Val e ven a completar unha liña de ataque moi ilusionante para o cadro de Manel Vidal. O xogador nado en Cariño militou a tempada pasada no O Val da Rexional Autonómica, onde anotou …

Ampliar »

A Copa Deputación de Lugo xa ten sedes para todas as finais

 A Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo anunciou este mércores as sedes das finais da Copa Deputación de Lugo no ano 2015. O campo das Valgas, en San Miguel de Reinante (Barreiros), acollerá a final da competición para equipos de Preferente e Primeira Autonómica entre Viveiro CF e CD Castro. Pola súa banda, o campo do Acebreiro (A Pastoriza), albergará …

Ampliar »

O Monterroso sálvase, o Cabreiros baixa e o Sagrado Corazón está nas mans da Residencia

 Tra-la última xornada do campionato na Primeira Autonómica de Lugo, a SD Monterroso, que non saíra dos postos de descenso en toda a competición, venceu ao Sagrado Corazón por 0-2 e conseguiu a permanencia na Primeira Autonómica. Os de Josito impuxéronse con tantos de Diego aos 10 minutos dende o punto de penalti e de Lorenzo cando esmorecía o partido …

Ampliar »

Viveiro-Ribadeo, primeiro asalto polo título na Xuvenil Norte

Fútbol Base

 Os dous primeiros clasificados, e empatados a 25 puntos, librarán o primeiro asalto polo título de Liga no grupo Norte da Liga Autonómica xuvenil. Son, sen dúbida, os favoritos e os dos equipos máis en forma da categoría, e este sábado ás 18 horas no Cembedo terán unha dura e bonita batalla, na que o vencedor tomará a dianteira na …

Ampliar »

O Viveiro infantil divisa o futuro con optimismo

CD Lugo vs Viveiro

 Os celestes pasaron por un calendario caprichoso na Liga Galega infantil. Tras enfrontarse cos oito primeiros clasificados nas dez primeira xornadas, os de Lorenzo tiveron un dos seus primeiros test, contra un rival do seu “liga”, a pasada xornada e responderon cunha contundente vitoria por 0-8 a domicilio en Dumbría. Polo tanto, os cativos de Lorenzo son moi optimistas de …

Ampliar »

Diego Chao asina polo Xove-Lago

 O futbolista mariñán Diego Chao vén de comprometerse coa UD Xove-Lago para o que resta de tempada, segundo sinalaron fontes da directiva verde a futbollucense.com. O xa exxogador do Viveiro recala así de novo na Primeira Autonómica tras un paso pouco fructífero na Preferente Norte Ademais, segundo sinalou o diario La Voz de Galicia na súa edición mariñá, Javi Pedreira …

Ampliar »

Álvaro Barja (Viveiro): “Non hai outro obxectivo agora que a permanencia”

 Álvaro Barja (1981) é un dos xogadores referentes na parcela defensiva do Viveiro CF. Analizou para futbollucense.com a siutación do seu equipo e as expectativas que agarda para as próximas semanas. O Viveiro non está rendendo como se agardaba, polo menos a nivel de resultados, ¿que debe cambiar o equipo para mudar a situación? A verdade é que internamente sabiamos que …

Ampliar »

Futbolistas da base do Viveiro adestrarán co Dépor

 O Viveiro CF e o Deportivo selaron un acordo para que xogadores de fútbol base celestes adestren de xeito regular cos equipos das categorías inferiores do conxunto coruñés. O acordo selárono este martes o cordinador da canteira do RC Deportivo, Alberto Gil, o director de captación herculino, José Luís Devesa, o olleador Carlos Ballesta, o responsable da base do Viveiro, Francisco …

Ampliar »