sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: viveiro

O líder invicto da Liga Galega cadete, o Viveiro, preséntase no Roca

 O próximo domingo a partir das 11:30 horas no Estadio Roca de Vilalba disputarase un novo derbi provincial. Neste caso da Liga Galega cadete, no que se medirán o Rácing Vilalbés coa gran sensación deste inicio de tempada, un Viveiro que chega á cita como líder invicto da Liga, malia que os de Edu Mariño son un conxunto recén ascendido. …

Ampliar »

O xuvenil Guijarro espolea ao Viveiro

 O xuvenil Andrés Guijarro cando levaba 4 minutos no campo encarrilou a remontada do Viveiro ante o Estudiantil. O futbolista celeste saiu en substitución de Alberto no minuto 68 e no 72 marcou para empatar o partido cunha gran bolea coa perna esquerda que colleu adiantado a Makelele. Anteriormente adiantara Calderón aos visitantes ao fío do descanso nunha boa contra …

Ampliar »

O Porto Burela case leva un susto na Liga Autonómica Xuvenil norte

 O Porto Burela só conseguiu vencer á SD Viveiro por 0-1 nun partido que a priori era asequible para o cadro verde. Só Dionildo ao comezo da segunda metade conseguiu perforar a meta viveirense para darlle os 3 puntos aos seus que os manteñen na pelexa pola segunda praza coa SD Ribadeo. Os ribadenses golearon sen piedade ao Spórting Pontenova. …

Ampliar »

Erni regresa ó Viveiro CF

 O Viveiro CF xa ten remedio para a súa sequía goleadora. Erni González regresa ao club celeste tras non chegar a un acordo para renovar o pasado verán coa entidade mariñana. O futbolista celeste chega ao equipo de Cantarrana da man de Jesús Gayol para que o Viveiro remonte no apartado ofensivo. O atacante vestiu tamén as camisetas do Rácing …

Ampliar »

A prensa mariñá destaca a mellora defensiva do Viveiro

 Coa chegada de Jesús Gayol ao Viveiro, o conxunto de Cantarrana comeza a coller os automatismos do novo preparador. No encontro disputado en Castro, os celestes melloraron as prestacións defensivas, o que lles valeu para sumar un puto. Con todo, os mariñáns continúan en prazas de descenso na Preferente Norte, aínda que cos mesmos puntos que os equipos que permanecen. …

Ampliar »

Gayol estréase cun empate en Castro

Castro vs Viveiro

 Castro e Viveiro empataron sen goles no Municipal no encontro da estrea de Gayol como técnico celeste. O Castro non conseguiu despregar o seu habitual xogo combinativo e o Viveiro tivo varias opcións para marcar na primeira metade. Diego Chao, con Yelco xa no chan no 33 eun cabezazo no 37 ó que responde á perfección o meta local puideron …

Ampliar »

O plantel da SD Chantada visitou a Noé

 O plantel da SD Chantada, co seu adestrador Óscar Méndez á fronte, visitou a Noé no Hospital Comarcal de Monforte tras ser sometido a unha operación de tibia, peroné e ligamentos logo de caer lesionado o pasado domingo no derbi ante o Viveiro. Cóntano aquí os compañeiros de La Voz de Galicia.

Ampliar »

A Preferente xa ten calendario

Benjamín Anido sorteando os calendarios do fútbol base galego

 A Preferente Norte Galega, categoría na que militarán 6 equipos lucenses, xa coñece o seu calendario para a vindeira campaña. A competición comezará o 31 de agosto e finalizará o 24 de maio de 2015.

Ampliar »

San Ciprián: xuventude ao poder

Os futbolistas do San Ciprián celebrando un gol

 Chusky liderará o proxecto do San Ciprián na Primeira Autonómica de Lugo tras ascender a pasada campaña logo dunha tempada inmellorable. O equipo mariñán, cun gran traballo de canteira detrás, agarda asentarse na categoría con só dúas incorporacións con respecto ó último curso. Chegan ó equipo cervense dous futbolistas moi novos. Son Miguel, procedente do conxunto xuvenil do Viveiro CF, …

Ampliar »

Contrarreloxo para o Valadouro

Plantel do Valadouro na tempada 2013/2014

  A ADC Valadouro, tras ascender a pasada tempada a Primeira Autonómica, afronta un dobre reto para o próximo curso. Mentras moitos dos seus rivais xa comezaron os adestramentos de pretempada, o conxunto amarelo aínda non dispón de corpo técnico, logo dun mes de xullo de traballo no institucional, no que a anterior directiva deixou o club o pasado 25 …

Ampliar »