sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: xove-lago

Taboada e Xove-Lago non viron porta na Medela

 Taboada e Xove-Lago non desequilibraron o marcador na Medela pese a contar con varias accións claras para facelo. A mellor foi un man a man de Moreno para os visitantes que sacou un atinado Roi. Na primeira metade ambos equipos repartiron as oportunidades, aínda que levou máis o peso do partido o Taboada. Na reanudación o Xove foi mellor, aínda …

Ampliar »

Así o fan os equipos da Mariña de Primeira a domicilio

 Os compañeiros de La Voz de Galicia na Mariña analizaron as prestacións dos equipos da comarca fóra da casa. Segundo detallan, o Valadouro é dos mellores equipos da liga fóra do seu campo e o San Ciprián tamén tén boas prestacións a domicilio. Pola contra, o Xove-Lago sofre ao saír da casa e o Iberia e o Burela seguen unha …

Ampliar »

O Xove-Lago aplasta ao Polvorín

 O Polvorín aguantou unha hora as embestidas do Xove-Lago. Nos últimos 30 minutos os mariñáns selaron unha victoria que encetara Moreno aos 6 minutos. Posteriormente, xa na segunda metade, o propio Moreno faría o 2-0 e a partir de entón o Polvorín baixou moito as súas prestacións. Máikel tras unha gran xogada individual de Rubio e Álex Meitín selaron o 4-0 definitivo. Polo Xove-Lago os mellores foron Máikel (3), Juan Pablo (2) e Rubio (1).

Ampliar »

O Rácing Vilalbés volve encabezar a Liga Autonómica infantil Norte

 O colapso é total nos primeiros postos tras o empate entre o Lugo B e o Xove-Lago a dous goles nas Gándaras, pero sobre todo despois da primeira derrota do Foz, que cedeu os tres puntos en xogo ante o Porto Burela na Marosa polo que xa non queda ningún equipo invicto na categoría. Os de Jandry Rego remontaron o …

Ampliar »

O Iberia amarga o regreso de Alberto López ás Valgas

 O Iberia impúxose por 2-1 ó Xove-Lago no regreso de Alberto López ás Valgas. Os branquiazuis comezaron moi fortes e aproveitaron a apatía visitante con dous tantos de Dani Prieto cando apenas ía un cuarto de hora. A sociedade do atacante mariñán con Balbón foi letal. Á media hora Máikel recurtou distancias cunha falta directa maxistralmente executada. Os verdes non …

Ampliar »

A SD Burela endereza o rumbo

Julio Cayón, un dos referentes do Burela

  Tra-lo convulso verán vivido en Burela, coa marcha da anterior xunta directiva encabezada por José Luís Pernas Ratoeira, e a falta de relevo para dirixir o club, finalmente un grupo de futbolistas veteranos da entidade verde sentou as bases deportivas para o novo proxecto na Primeira Autonómica de Lugo.

Ampliar »

Alberto López adestrará ó Xove-Lago tra-la destitución de Suso Martínez

Alberto López

  Alberto López é o novo adestrador do Xove-Lago. Así llo adiantou a directiva xovense a futbollucense.com no mediodía deste venres. O preparador comezará en breve a preparar ó equipo verde. O club verde destituiu o pasado martes a Suso Martínez, que ía cumprir a súa terceira campaña no equipo verde, por desavenencias deportivas co cadro directivo. Alberto López chega …

Ampliar »

Suso Martínez cae no Xove-Lago antes de comezar a pretempada

Suso Martínez, exadestrador do Xove-Lago

  Aínda non comezou a pretempada para moitos equipos e xa hai na provincia un adestrador destituído. Suso Martínez, que tiña previsto comezar a preparar a campaña esta semana co Xove-Lago foi destituído na tarde-noite deste martes pola xunta directiva verde.

Ampliar »

Anxo regresa ó Xove-Lago

Anxo novo reforzo da UD Xove-Lago

 O exfutbolista do Burela, Anxo, emprende o camiño de volta cara a que foi súa casa en tres etapas anteriores e convértese así na quinta fichaxe da UD Xove-Lago, que tra-los reforzos que está facendo, convértese nun candidato claro a ocupar as dúas prazas de ascenso na Primeira Autonómica de Lugo

Ampliar »

A UD Xove-Lago renova a 10 xogadores

Juanjo é un dos xogadores que renovaron no Xove-Lago

 O Xove-Lago continúa preparando o seu plantel de cara á vindeira tempada na Primeira Autonómica do fútbol de Lugo. A entidade verde vén de confirmarlle a futbollucense.com a renovación de varios dos seus principais referentes no equipo.

Ampliar »