sábado , 21 octubre 2017
últimas xornadas
Tres últimas xornadas na Segunda Autonómica Norte

Tres xornadas para manter a categoría

 

A loita por evitar o descenso na Segunda Autonómica Norte chega ó seu punto chave, quedan tres xornadas nas que ata catro equipos pelexan por evitar o descenso directo e tamén a inquedanza de posibles descensos por arrastres.

O Abadín que parte con seis puntos de vantaxe sobre o descenso directo terá que visitar a os dous conxuntos que pelexan por lograr o ascenso, Riotorto e Lourenzá. No seu feudo recibirá á SD Guitiriz que chega nunha mala xeira de resultados.

O Mondoñedo ten catro puntos sobre o descenso directo e tamén disputará dous encontros lonxe do Viñas da Veiga, Lourenzá e Candelaria. O Foz visitará na penúltima xornada ó Mondoñedo.

últimas xornadas
Tres últimas xornadas na Segunda Autonómica Norte

O Goiriz ten dous puntos sobre o descenso directo e ó igual que os demais equipos implicados terá dous encontros lonxe do seu feudo, Candelaria e Xermade, o Meira é o conxunto que visitará ó Goiriz na penúltima xornada.

O Pol ocupa postos de descenso directo e tamén deberá afrontar dúas saídas, a primeira ante o Santaballés, o conxunto de Alberto Debasa pode certificar o salto de categoría se puntua, o Pol tamén deberá visitar na última xornada a outro dos implicados na loita polo ascenso, o Riotorto. O único encontro no seu campo será na penúltima xornada ante o Cospeito.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …