sábado , 21 octubre 2017
cospeito vs sd guitiriz
Cospeito vs SD Guitiriz | www.sdguitiriz.es

Un eficaz Cospeito derrotou á SD Guitiriz

 
2 Cospeito: José Antonio, David, Xavi, Arri, Diego Rábade, Puty, Martín, Álex Lamela, Jairo, Rus e Esteban. Tamén xogaron Tito, Freire, Cabana e Lalo.

1 SD Guitiriz: Jesús, Suso, Iván Ansede, Jordi, Novo, Diego Ferreiro, Mauro, Iván Iñiguez, Pablo, Iván Labrada e David Fernández. Tamén xogou Puma.

g1-0 (min. 30) Esteban. 2-0 (min. 63) Jairo. 2-1 (min. 65) Jordi.

rCospeito: Esteban (3) Jairo (2) José Antonio (1) SD Guitiriz: Novo (3) Iván Iñiguez (2) Pablo (1)

Trece son xa as xornadas que suma o Cospeito sen coñecer a derrota, o conxunto de Iván Lamas encadea un encontro máis sen perder e derrotou pola mínima a unha SD Guitiriz que careceu de acerto ante a meta local.

Cospeito e SD Guitiriz disputaron un encontro moi igualado, na primeira metade o encontro comezou sen dono, a SD Guitiriz tentou levar a iniciativa e os locais tardaron en asentarse aínda que as ocasións neste tramo de encontro foron escasas. O Cospeito tivo o seu aviso máis perigoso nun remate de cabeza na área pequena que acabou nas mans de Jesús, cando o encontro se achegaba á media hora de xogo a SD Guitiriz incrementou o dominio e dispuxo de dúas claras ocasións de gol que non conseguiu materializar e ademais viu como nunha contra Esteban aproveitaba o servizo de Jairo para adiantar ó Cospeito. Con este resultado chegouse ó tempo de descanso.

Na segunda metade a SD Guitiriz seguiu a dominar o esférico e ía ter opcións para igualar o encontro, un roubo de Iván Labrada remataría cun lanzamento por encima da meta de José Antonio na que foi unha das ocasións máis claras. Así transcorría o encontro ata que un roubo do Cospeito na saída do balón dos visitantes caía nos pes de Esteban que regateaba a Jesús e servía un balón ó segundo pau que Jairo convertía no dous a cero. Pouco tardou en volver apretarse o marcador, unha falta lateral tras un primeiro remate era desviado por Jordi ó fondo da portería do Cospeito. David Fernández acudiu a súa cita co gol anulado, un rexeite do meta local era enviado ó fondo das redes por o dianteiro da SD Guitiriz pero o tanto foi anulado por posición antirregulamentaria.

O Cospeito sufría e a SD Guitiriz mudou o sistema buscando arriscar máis no último cuarto de hora de xogo, uns minutos onde o Cospeito recuperou sensacións e comezou a xerar perigo a contra, tiveron os locais varias opcións para anotar pero non foron quen de atinar coa meta de Jesús. O marcador xa non ía variar e o Cospeito quedou con tres puntos ante a SD Guitiriz que suma 4 xornadas sen vencer.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …