sábado , 21 octubre 2017
Unha acción do Lemos - Taboada. | Imaxe: perrobarrenhovello.blogspot.com

Un Lemos letal

 
5Lemos: Macía, Miguel, Moya, Lamelas, Alami, Diego Núñez, Diego Arias, Presas, Hugo, Moski e Jarju. Tamén xogaron Melendo, Armesto, Álvaro, Rodri e Adrián.
0Taboada: Roi, Ibán, Fabricio, Emilio, Ratón, Pablo, Nico, Poyán, Fabio, Ivi e Ríos. Tamén xogaron Marcos, Alberto e Manuel.

g1-0 (min. 29) Hugo. 2-0 (min. 36) D. Arias. 3-0 (min. 58) Lamelas. 4-0 (min. 60) Jarju. 5-0 (min. 78) Lamelas.

O Lemos non perdoa. Os de Martín Murado golearon por 5-0 ao Taboada nun encontro no que os visitantes plantaron cara na primeira metade pero no que os brancos, letais en ataque, non deron marxe ás sorpresas tras o gol inicial.

O Taboada comezou mellor o encontro, con chegadas perigosas que non atinaron coa meta de Macía. Núñez respondeu para o Lemos cun trallazo ao longueiro. Á media hora Macía paroulle un penalti a Ríos e na contra Hugo facía o 1-0. Antes do descanso Diego Arias fixo o segundo local cun lanzamento de falta.

Na reanudación Lamelas fixo o 3-0 aos 58 minutos, Jarju volveu acudir á súa cita co gol no 60 e Lamelas de novo cerrou o marcador aos 78 ante un Taboada que pelexou durante os 90 minutos pese ao resultado.

No Lemos destacaron Lamelas (3), Miguel (2) e Macía (1). No Taboada raiaron a boa altura Ríos (3), Ivi (2) e Ibán (1).

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán …