sábado , 21 octubre 2017
clasificación terceira autonómica
A clasificación está do máis apretada na Terceira Autonómica Norte

Xiro na loita polo ascenso directo na Terceira Autonómica Norte

 

A loita polo ascenso directo na Terceira Autonómica Norte está do máis entretida e emocionante e pode vivir un novo episodio, esta vez nos despachos, tres clubs (Celeiro, Roupar e Ferroviaria) reclamaron unha aliñación indebida do Parga no encontro que o enfrontou ó Celeiro e que rematou con victoria do conxunto vermello por catro goles a un. Nos vindeiros días agárdase a resolución da reclamación.

No día de hoxe o Parga FC fixo público un comunicado no que recoñece os feitos e da case por perdidos os puntos do encontro. A Continuación deixamos copia integra do comunicado:

Queremos comunicar que despois do encontro contra o Celeiro disputado na semán pasada e no que vencemos por 4-1, os equipos Celeiro Club Del Mar, SDC Roupar e AD Ferroviaria presentaron sendas reclamacións por aliñación indebida dun xogador do Parga neste encontro.
Dado que foi certo que dito xogador estaba sancionado e polo tanto non podía disputar o encontro, vimos de achegar un escrito ó Comité de Sanción e Disciplina da FGF recoñecendo os feitos e asumindo a sanción que se nos impoña.
Cometemos un erro imperdoable derivado dunha falta de entendemento entre o responsable de facer seguimento das sancións e os adestradores que de ningún modo foi intencionado e que nos pode complicar as posibilidades de ascenso directo.
ASUMIMOS DITO FALLO E SOLICITÁMOSLLE Á FGF QUE SE PECHE CANTO ANTES O EXPEDENTE A FIN DE NON DILATAR O PROCESO E QUE SE CLARIFIQUEN CANTO ANTES AS POSIBLES INCIDENCIAS NA CLASIFICACIÓN DA PRÁCTICAMENTE SEGURA PERDA DOS TRES PUNTOS DESE ENCONTRO.
Queremos pedir perdón ó equipo e á afición por este imperdoable erro cometido. Agora só queda seguir loitando coa cabeza ben alta e con redobradas enerxías para acadar o ascenso directo para o que precisamos de todos e todas vos! FORZA PARGA!!

Na actualidade e cando faltan cinco xornadas para o remate da liga o Folgueiro parte como claro favorito para facerse co título de liga polo que quedaría por definir a segunda praza de ascenso. Ferroviaria e Roupar ambos con 41 puntos, Parga con 40 puntos e Matela con 39 son os candidatos a ocupala.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …