sábado , 21 octubre 2017
afección Lourenzá
Afección do Lourenzá durante un encontro | Luz de Lugo

Xornada de contrastes na Segunda Autonómica Norte

 

A Segunda Autonómica Norte vivirá o próximo fin de semana a derradeira xornada, con ela poñerase punto e final a unha tempada que xa ten decidido os conxuntos que ascenderán a Primeira Autonómica e tamén as dúas prazas de descenso directo.

Santaballés, que conseguiu o ascenso fai un par de xornadas, e Lourenzá que virtualmente xa é conxunto de Primeira son os dous conxuntos que dan o salto de categoría e regresarán a máxima categoría provincial.

O descenso directo recaeu en Meira, conxunto xa descendido dende fai varias xornadas, e Pol que certificou a súa caída a Terceira Autonómica a pasada xornada, representan sen dúbida a cara máis amarga da tempada.

Goiriz, Abadín e Mondoñedo na procura da tranquilidade.

O aliciente para esta última xornada na Segunda Autonómica Norte póñeno de novo os posibles descensos por arrastres, con esta ameaza disputarán a vindeira xornada Goiriz, Abadín e Mondoñedo. Todos xogarán a domicilio e tentarán rematar a competición cunha victoria que os achegue ó seu obxectivo, a permanencia.

O Goiriz que suma 28 puntos é 12º, visita ó Xermade, depende de si mesmo para garantir esa posición que o deixaría unha tempada máis en Segunda Autonómica.

O Abadín que suma 27 puntos é 13º, visita ó Lourenzá, se vence conseguiría garantir a posición actual e incluso podería superar ó Goiriz se este non consegue vencer ó Xermade.

O Mondoñedo tamén suma 27 puntos, é 14º e visita á SD Candelaria, debe vencer e agardar que Goiriz ou Abadín non consigan sacar os seus partidos adiante. Sae perdedor en calquera igualada a puntos.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …