Sábado , 22 Julio 2017

Xornada frenética e clave na Liga Galega xuvenil

 

No grupo Sur o Calasancio pode proclamarse campión e no Norte Lugo B e Vilalbés xóganse as súas opcións de ascenso.
Tras confirmar o salto de categoría o Calasancio á Liga Nacional, os de David Páez poden cantar o alirón o próximo sábado ante o Barbadás. Para conseguilo os de David Páez deben igualar o resultado do Colegio Hogar.
Pola súa banda no Grupo Norte a emoción está servida a falta de tan só tres xornadas xa que Lugo B, Ural, Vilalbés, Boiro e Lalín, manteñen opcións de ascenso.
O duelo da xornada sen dúbida será o que mida ao os dous primeiros en Elviña, nun duelo directo entre o Lugo B e o Ural que se disputará o sábado a partir das 12:00 horas.
Atentos ao que suceda estará o Rácing Vilalbés, xa que tras a súa última derrota no Roca ante o Motañeros, os de Simón Lamas buscarán os tres puntos a partir das 18:00 horas na Grela ante o Imperator.
Se o Lugo B consegue a vitoria practicamente sería novo equipo da Liga Nacional xuvenil, mesmo os de Diego Sánchez teñen opcións de ascender esta xornada se gañan e acompáñanos outros resultados. Pola súa banda o Rácing Vilalbés se consegue os tres puntos ante o Imperátor volverá aos postos de ascenso para encarar as dúas últimas xornadas dependendo deles mesmos.

Check Also

pablo fernando

A ADC Sagrado Corazón reinvéntase

 A ADC Sagrado Corazón ven de anunciar unha aposta decidida polo traballo de canteira coa …