sábado , 21 octubre 2017
Un intre do Xove-Lago - Valadouro. | Imaxe: UD Xove-Lago

Xove-Lago e Valadouro asinan taboas no derbi

 
0Xove-Lago: Simón, Esteban, Oli, Rubio, Yáñez, Anxo, Alex Meitín, Diego Chao, Juanjo Coello, Máikel e Luis Varela. Tamén xogaron Chile, Bruno e Chiqui.
0Valadouro: David, Isaac, Mario, Carlos, Víctor, Suso, Karri, Diego, Manolo, Joao e Cándido. Tamén xogou Joni.

O derbi mariñán da xornada entre Xove-Lago e Valadouro rematou con empate sin goles logo de 90 minutos intensos nos que o cadro verde tentou levar a iniciativa pero os visitanes se defenderon con orde e aplomo.

O Xove-Lago levou o peso do partido, e David foi protagonista con varias paradas de mérito que posibilitaron que se mantivese o 0-0 ao final dos 90 minutos. O Valadouro tentou saír á contra aproveitando a velocidade de Manolo, pero os amarelos non estiveron atinados en ataque.

A expulsión de Mario a falta de media hora fixo que os locais acrecentasen o seu dominio, aínda que sen premio.

Polo Xove-Lago destacaron Rubio (3), Álex Meitín (2) e Yáñez (1). No Valadouro os mellores foron Suso (3), Manolo (2) e Víctor (1).

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán …