sábado , 21 octubre 2017
Santaballés vs Goiriz
Yago Castro (Santaballés) e Diego Vivero (Goiriz) nun encontro desta tempada

Yago Castro (Santaballés): “Sempre tiven gañas de xogar neste club”

 

Yago Castro selou a víctoria do Santaballés en Mondoñedo cos seus dous tantos sendo un dos protagonistas da xornada. Analizou para futbollucense.com a actualidade da Segunda Autonómica.

Esta tempada cambiaches de aires e recalas no Santaballés, ¿como está a ser esta nova etapa?
Bueno sempre tiven gañas de xogar neste club os meus últimos anos , donde medrei vendo xogar a meu pai. Encontreime un grupo moi  comprometido tanto durante a semana (aspecto importante nesta categoría) como os domingos no campo.
A xornada pasada gañastes en Mondoñedo con dous tantos teus, supoño que estarás contento pola actuación...
O Mondoñedo agardabaun equipo envorcado ó ataque e deixou que así o fixéramos, agardando a súa oportunidade. Estou contento polos meus dous goles, que foron consecuencia e reflexo dun boísimo traballo de todo o equipo, espero que sigamos asi. Eu só din a puntilla final.
Esta xornada recibides ó Sacido, equipo revelación. ¿que encontro agardas?
O Sacido é un equipo que está cedendo poucos puntos neste arranque ligueiro e parece que non está pola labor de deixar esa dinámica de lado. Nunca os vín xogar pero supoño que por experiencias similares, cando un equipo xoga nun sintético sempre na casa, estando afeito, é probable que saque moitos puntos na casa. Conto cun equipo moi loitador e que queira xogar o balón (polo sintético) e moi dificil de dobregar.
O Santaballés é un dos favoritos para loitar polo ascenso. ¿asumides ese rol?
Non hai porque pensar que somos os favoritos, polo momento non temos motivos a favor para pensalo dese xeito. Os favoritos nunha categoria sempre son os recén descendidos . O que si direi é que me parece un grupo moi compensado e con moitas gañas de facer algo ilusionante para a aficion que nos vai ver cada domingo ó igual que pola directiva que fai tantos esforzos.
Coa próxima xornada chegaremos ó primeiro tercio de competición. ¿Que equipos ves como principais rivais?
A clasificación está moi igualada por arriba. Non podería dicirche pero un equipo que si que me pareceu moi forte é o Riotorto, que está solventando con aparente claridade os enfrontamentos. Gústanme tamén moito os equipos como o Guitiriz e o Santaballés, que apostan polo bo fútbol . Pero sen esquecer que isto dá moitas voltas e os de abaixo poden rematar arriba.
Por certo, o teu anterior equipo, o Xermade, está a asinar un complicado inicio de tempada. ¿Como o ves dende a distancia?
Xunto cos recén descendidos o Xermade debía ser o seguinte favorito tras rematar en terceiro lugar. Cónstame que está pasando por un tramo de moitas lesións e a suma de malos resultados fan que entres nunha dinámica pesimista pero para min o Xermade, donde vivín unha gran experiencia futbolística e persoal, tén plantel suficiente para estar moito máis arriba. Deséxolles o mellor, só falta que acompañe un pouco a sorte.

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …